O Concello do Cangas asentado sobre un extremo da península do Morrazo, daría acollida na Parroquia de Aldán ó XXIX Campionato de Marcha en Ruta disputado sobre un circuíto homologado.
A proba, baixo cuxa colaboración participaba o Concello e o Atletismo Vila de Cangas, daría comezo as 10:00 horas ca saída dos Sub-14 e na o triunfo correspondería para os atletas da Escola Atlética Lucense, Pablo Sánchez e Xela Martínez con 15:55 e 16:31 respectivamente.
De seguido, e continuando co campionato, sería Mateo Díaz da Atlética Lucense con 27:15 e a local Ana Piñeiro do Vila de Cangas con 27:37 a quenes correspondería o título galego na categoría Sub-16 sobre una distancia de 5 km.
Nas proba dos máis pequenos que precederían a absoluta, os triunfos foron para Sabela Castelo do Vila de Cangas con 05:13 e Anxo Jamardo da S. Gimnásica na Sub-10. Xa na Sub-12 Christian Sierpes do Trega con 10:31 e Claudia Sufuentes da Atlética Lucense con 11:22 farían o propio sobre os 2 km. dos que constaba a súa proba.
As 12:45 e xa cunha choiva incesante, daríase a saída da proba principal onde tomaban parte os marchadores das categorías Sub-18 en adiante.
Como era previsible o marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro imporíase na categoría absoluta logo de marcar un excelente rexistro de 44:51 chegando na segunda posición o atleta veterano José Fernández do R.C.Celta con 46:38. O terceiro lugar do podio sería para o tamén celeste Brais Prieto con 46:47.
Nas mulleres, e ante a ausencia de última hora de Antía Chamosa, a victoria correspondería para Carmen Escariz do Bidezabal quen chegaría a liña de meta establecendo uns moi bos 48:08. Xunto ela, e compartindo medallas, estiveron Leyre Aramburu do C.A. Valladolid con 50:26 e Iria Rivas do A.F. Celta con 51:57.
A entrega de medallas nas instalacións cubertas do peirao de Aldán, poría o punto e peche a este interesante campionato que para o ano que ven estará de aniversario ó chegar ás trinta edicións.