Entrados xa prácticamente no mes de febreiro, os distintos campionatos a cuberto seguen desenvolvendose ó longo da nosa xeografía.
A delegación e Lugo, ó igual que fixera xa o ano pasado, será o escenario escollido para a disputa do Campionato de Galicia de Probas Combinadas para as categorías de sub-16 ata os master que durante esta fin de semana se levará a cabo no seu módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Ante a ausencia tanto de Alicia Merino como de Santiago Ferrer, gañadores absolutos do ano pasado, o papel de principal favorito nos homes recaerá sobre Adolfo Sainz-Maza do R.C.Celta malia que o tamén celeste e campión absoluto de pértega en pista cuberta Miguel Cajaraville, non lle porá as cousas doadas. Entre as mulleres a loita decidirase presumiblemente entre Adrea Novoa, Estela Fernández, Ainoa Don e Lucía Seijas nun interesante duelo no que a igualdade porá emoción a estas medallas en xogo.
Foto de Antón Gómez