Resultados

Hurtado e Pindo vencen na Ponte Romana lucense

Manuel Hurtado na categoría masculina e Clarisse Pindo na feminina, serían os gañadores no día de onte no II Cros Ponte Romana de Lugo que se disputaría a carón do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

A proba, que formaba parte do calendario Nacional, sería aprobeitada para homenaxear a dúas veces olímpica nas edicións de Sidney 2000 e Atenas 2004 María Abel.

O gañador masculino invertiría un rexistro oficial de 32:37 sobre un circuito de 9.650 m. polos 32:45 da gañadora feminina sobre unha distancia de 8.100 m.  Xunto eles estarían compartindo podiums Esteban Iglesias e Miguel Pinedo en homes así como María Hurtado e Ariana González en mulleres.

Foto: El Progreso

 

Compartir: