Resultados

II Cros Ponte Romana de Lugo

Lugo prepárase para dar acollida o vindeiro domingo 14 de xaneiro, a segunda edición correspondente ó Cros da Ponte Romana integrada dentro do Circuíto ANOC 2017/2018 e do que forman parte carreiras tan importantes como as de Atapuerca, Juan Muguerza ou Itálica por citar algunhas.

Con esta edición Lugo entra dentro deste importante circuíto que contará ca presencia e participación dalgúns e dalgunhas das mellores especialistas a nivel nacional do momento. De igual modo esta proba servirá para homenaxear a figura da mundialista e olímpica lucense María Abel.

O evento disputarase no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, comezando as 10:00 horas cas categorías inferiores. A través da xornada de mañán irán desenvolvéndose as sucesivas carreiras que darán paso as 12:50 horas a proba absoluta feminina e as 14:00 h. a absoluta masculina

O prazo para incribirse poderá efectuarse por tramos, estando habilitado o último deles ata o día 12 de xaneiro.

Compartir: