Esta pasada fin de semana desenvolveuse na pista cuberta Expourense o III Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas na que os equipos do Celta en ambas categorías, proclamaríanse campións deste terceira edición caracterizada por unha ampla participación de atletas.
A suma en todas as categorías dos tres primeiros postos, daría ás celestes a victoria nas mulleres cunha puntuación total de 9.121 puntos e na que a loita polo subcampionato estaría disputada co Franciscanos de Lugo ocupando esa posición ó remate con 8.041. As coruñesas do Riazor Coruña con 7.863 puntos serían as terceiras clasificadas. Por parte das celestes destacarían as actuacións de Nediam Vargas e de Eva Queimaño
No tocante á categoría masculina volvería o equipo do Real Club Celta a acadar a victoria de maneira clara con 12.480 puntos e na que de novo a emoción estaría na loita polo subcampionato. O remate tan só 218 puntos de diferencia sería os que quitaría o Atletismo Narón a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, malia que suficientes para relegar os campións de edición do ano pasado ó terceiro lugar do podium. O Celta basearía parte do seu trunfo nas actuacións tanto Adolfo Sainz Maza como de Miguel Cajaraville