Resultados

A Copa de Combinadas decídese esta fin de semana

Continúan a desenvolverse neste último treito do ano as distintas probas e campionatos que teñen na recentemente inaugurada Pista Cuberta de Expourense, a súa sede.

En concreto durante o sábado e o domingo, desenvolverase a III Edición da Copa de Clubs de Probas Combinadas de Pista Cuberta que xuntará ós equipos do Real Club Celta, Riazor Coruña, Agrupación Viguesa de Atletismo, S.Gimnástica de Pontevedra, C.Atletismo Santiago, C. Atlética Lucense, C.Ourense Atletismo, Universidade de Santiago, A.Vila de Cangas, C.Atletismo Millaraio, C.Atletismo Narón, A.Femenino Celta, Lugo R.C.Ramos Lourés, e Franciscanos de Lugo na procura deste novo título autonómico. As categorías que tomarán parte serán dende a cadete en adiante participando os atletas en dous grupos, tanto na categoría masculina como na feminina.

A priori tanto o Atletismo Feminino Celta como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que defenden título, parten como favoritos para esta Copa, malia que haberá que agardar ó comportamento das novas fichaxes do resto de formacións que determinarán o decorrer desta edición.

Compartir: