As concentracións de saltos acaparan a actualidade da Tecnificación

Esta fin de semana, e continuando co traballo de Tecnificación,  levaríase a cabo a primeira das concentracións previas ás datas do Nadal do sector de saltos e que tería no Módulo Cuberto do Pavillón de Os Remedios de Ourense, a súa sede.

A ela acudiría un amplo número de saltadores moitos dos cales virían acompañados polo seus respectivos adestradores e no que coma ben sendo habitual, as sesións técnicas misturaríanse con charlas e coloquios sobre aspectos relacionados coa competición.

Segundo o responsable do sector Santiago Ferrer Alonso “Valoramos moi positivamente o traballo desenvolto nesta xornada así como o ambiente de traballo e de aproveitamento do mesmo. Estamos convencidos que esta dinámica terá continuidade tanto o vindeiro día 2 de decembro en Lugo como nas sucesivas convocatorias”

A seguinte concentración será a que se leve a cabo na zona Norte cuia sede será o Módulo Cuberto de Lugo.  A esta xornada que está  prevista para o día 2 de decembro, están convocados un total de 24 atletas que deberán confirmar a súa asistencia ou renuncia antes do día 28 de novembro as 18:00 horas na seguinte ligazón.

Confirmación

Compartir: