Os velocistas galegos concéntranse

Co comezo da nova tempada, principian tamén as distintas concentracións que os sectores da Federación Galega, a través dos seus responsables, levarán a cabo neste novo curso. Desta vez sería o sector de velocidade dirixido por José Carlos Tuñas quen sería o primeiro en agrupar ós mellores especialistas galegos no Módulo Cuberto de Lugo os pasados dias 3, 4 e 5 de novembro.

“Nesta concentración o criterio que aplicamos foi o de convocar ós atletas participantes nos Campionatos de España das categorías xuvenil en adiante, deixando para outra convocatoria as categorías inferiores” apunta o responsable de velocidade quen ademáis salienta o gran ambiente e entusiasmo dos participantes así como as enormes facilidades dispensadas para o emprego do Módulo cuberto lucense.

Estas xornadas de Tecnificación forman parte estratéxica da política que a Federación Galega ven desenvolvendo nos últimos anos e nas que ademáis de articularse un traballo técnico específico, compleméntanse ca presenza de distintas charlas que contarían, nesta ocasión, ca participación do campión e recórdman de España dos 400 m.l. Óscar Husillos, da Doutora en Psicoloxía e Directora Técnica da  F.G.A. Madó González, a do Xuíz Nacional Manuel Garrido e a do fisioterapeuta Pablo Lourido.

 

Compartir: