Resultados

A Sociedad Gimnástica celebra o seu 90 aniversario

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra,  un dos clubes máis importantes tanto do panorama atlético galego como nacional, atópase de aniversario ó cumplirse nada menos que 90 anos dende a súa fundación.

Para elo o club do Lérez ben de estar programando unha serie de actividades cuio acto central sería a cea que se desenvolvería o pasado dia 8 de setembro e a que acudirían unha ampla representación dos estamentos atléticos e autoridades políticas á cabeza da cal se atopaba o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez así como a do Alcalde do Concello de Pontevedra Miguel Anxo Fernández.

Un dos actos máis emotivos sería o discurso do actual presidente da Gimnástica, Ramón Touza, quen lembraría na súa intervención, a memoria do seu antecesor Francisco Guillán, facéndolle entrega ós seus familiares da medalla de ouro da entidade a título póstumo.

Os actos de conmemoración continuarán o vindeiro dia 15 de setembro ca conferenacia que impartirá o actual Director Técnico da RFEA Ramón Cid. De igual modo unha exposición fotográfica continuará aberta ata o 29 deste mes no Arquivo Provincial da cidade