Arquivo
Antia Chamosa finalista europea pulverizando o récord galego Junior
A marchadora Antía Chamosa que se encontra tomando parte nos Campionatos de
Europa sub-20 de Grosseto (Italia) acaba de conseguir un récord galego junior na proba dos 10.000 marcha ó establecer un rexistro de 49.08.52 e millorar en nada menos que en 51 segundos o
anterior récord galego que estaba en posesión de Mar Chillón dende o ano 2015 con 49.59.49. Da mesma maneira a discípula de José Antonio Pardal, acadaría posto de finalista xa que entraría na línea
de meta nunha fantástica sétima posición.
Con este notable rexistro consolídase a importante traxectoria que está a manter Chamosa e que fan dela un claro referente da marcha galega.
biografias