Resultados

Exitosas xornadas de Saltar na Praia

Como xa acontecera en tempadas anteriores, volvería ó areal de Sada unha nova edición correspondete a “Saltar na Praia” os dias 28 e 29 de Xullo organizada polo Sector Técnico de Saltos da F.G.A., Clube Atletismo Sada e colaboración do Concello sadense.

A filosofía desta iniciativa foi a de achegar o sector as rúas e convidar a todos cantos quixeron a participar e profundizar máis sobre estas modalidades atléticas. Sería o venres dia 28 cando a partir das 18.00 horas se poideron tomar parte nestas xornadas de “portas abertas” para continuar o sábado con adestramentos da Selección galega xuvenil as 10.30 horas. Remataría esta actividade cunha exhibición no areal as 19.30 horas a cargo do Campión de España no concurso de triple salto o ano pasado José Alfonso Palomanes, asi como a do subcampión Galego en Pértega e Responsable do sector de saltos horizontáis da FGA, Santiago Ferrer nunha actividade que se enchería de xente coincidindo ca celebracionda “Festa Modernista” que se estaba a desenvolver no Concello

Esta inicitiva terá a súa continuidade o vindeiro 25 e 26 de Agosto en Pontevedra ca actividade “Saltar na Rúa”

Ligazón

LigazónLigazón

Fotos: David Boleas