No dia de hoxe e nas probas de control realizadas no RFEA-CERAD León de Lanzamentos a atleta mugardesa militante no Playas de Castellón Belén Toimil, acaba de establecer un récord galego absoluto no lanzamento de peso logo de enviar o artefacto de 4 kg. ata os 16.51 m. (16.51/X/15.56/X/16.11/16.36)
Con este rexistro a lanzadora becada en León, millora en 12 centímetros a súa anterior plusmarca autonómica que estaba en 16.39 m. dende o pasado 11 de marzo realizada nas Palmas de Gran Canaria. Da mesma maneira afianza a súa segunda posición no ranking nacional do concurso que segue encabezando a murciana Ursula Rúiz con 16.83 m.