Resultados

5 récords galegos e 45 medallas, balance dos galegos no Campionato de España de Veteranos

Os dias 23 ó 25 de xuño desenvolveuse na cidade alacantina de Elche a LII Campionato de España Veteranos que xuntaría nas instalacións do Estadio Municipal de Atletismo Manolo Jaen a un total de 2125 atletas.

Galicia acudiría cun total de 117 atletas dos cales 63 serían homes e 54 mulleres e que situarían a nosa comunidade de sexta posición en canto ó número de inscritos, dun total de dazaoito Comunidades que encabezaría a anfitriona Valencia con 370.

A nivel de resultados salientamos os cinco Récords Galegos acadados por Eduardo Pinedo (M-65) do C.A.Sada e Domingo Alvarez (M-60) do Burgas nos 400m.l.; a Esther Pedrosa (W-55) do U.Santiago nos 1500 e a de Carlos Ferrer (M-55) do Narón e Ana Abuín (W-55) da Silva na proba de disco.

Sería precisamente esta última atleta Ana Abuin a máis destacada das galegas xa que ademáis do récord autonómico, fariase cos títulos dos concursos de xavalina, martelo pesado, martelo, disco e a prata no peso.

En homes dúas medallas de ouro para Domingo Alvarez (Burgas Ourense) quen se imporía nas distancias dos 800 m.l. e 1500 m.l. así como José Fernández Sangiago (Verxel Nutrición) quen faría o propio na categoría M-55 sobre as distancias dos 400 m.l. e dos 800 m.l.

Ligazón Ligazón

Compartir: