Zulfa Muiño, bronce no nacional Infantil de Valladolid

Unha ampla representación de atletas da categoría infantil tomaron parte esta fin de semana no seu Campionato de España que se desenvolvería no C.P.T.D. Rio Esgueva de Valladolid.

O máis salientable da actuación dos representantes galegos correría a cargo da atleta do Millaraio Zulfa Muiño quen na proba de Triathlon acadaría a terceira posición cun total de 1548 puntos (12.14 nos 80 m.l./ 24.68 m. en xavalina e 11.11.51 nos 2000 m. Marcha).

O resto da actuacion galega quedaría da seguinte maneira:
Categoría Triathlon Feminina. Seri B: 8º Degnesh Mato do Millaraio 1421 p.; 28ª Carolina Santos AVA 1156 puntos; 32ª Xiana Brea Fontes do SAR 1029 p.; Serie C : 6ª Lucía Sánchez do Franciscanos de Lugo con 1617 puntos; 30ª Abril Entenza Vila de Cangas 1230 puntos. Serie D : 25ª Mistre Estévez A.V.A. 1031 p. Categoría Triathlon Masculina. Serie B: 23º Iago Cid do Millaraio con 985 puntos; Serie C : Jacobo Díaz do Vila de Cangas 14º con 1112 puntos, Mateo Aller do Millaraio 21º con 899 p. e Pablo Villaverde do Fontes do SAR 34º con 742 p. Serie DAaron Otero do Vila de Cangas 1577 puntos; Serie E : 8º Denis Fernández do Vila de Cangas con 1125 puntos

Ligazón

Compartir: