Adrián Ben, comeza o aire libre con récord galego e mínina europea nos 800 m.l

No dia de onte durante a disputa do Meeting Internacional de Atletismo “Jaén Paraiso Interior” desenvolvo na localidade andaluza de Andújar, o atleta lucense que milita no F.C.Barcelna Adrián Ben establecería na proba dos 800 m.l. un rexistro de 1.48.00 que representa un novo Récord Galego Junior que milloraría a anterior plusmarca que estaba en poder de Alejandro de Miguel con 1.49.2 dende o ano 1988.

Con este rexistro o atleta que adestra na Residencia Joaquín Blume, consegue a mínima de participación (1.50.50) para tomar parte nos Campinatos de Europa juniors que se desenvolverán en Grosseto (Italia) do 20 ó 23 de xullo de 2017 deixando mostras do seu enorme talento. Suma e segue asi pois a da súa fantástica tempada de pista cuberta que o levarían a acadar os récords de España tanto nos 1500 m.l. con 3.43.10 coma nos 3000 m.l. con 8.06.12

Ligazón

Compartir: