A marchadora brasileira Erica de Rocha cun rexistro de 1.29.16 e o español Alvaro Martín con 1.19.57 acadarían esta fin de semana o trunfo absoluto na proba dos 20 km. do XXXI Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña-Sergio Vázquez.
Cun ambente excepcioal os Cantones da Coruña vestíronse de gala para recibir a esta xa tradicional proba que convirte a cidade herculina na capital da marcha mundial e na que mistura o deporte ó máis alto nivel ca celebracion do Trofeo Josefina Romero reservado a participación de atletas das categorías inferiores. Ademáis este ano contaríase ca novidade da celebracion da Proba de Marcha Popular solidaria con fines beneficos que xuntaría a máis dun cento de persoas