Boa xornada e moitas míninas durante o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil

Unhas das categorías máis destacas do noso atletismo, a cadete xuvenil, tivo esta fin de semana nas pistas de atletismo de A Malata a súa gran festa atlética.

Cun gran ambente nas bancadas e nas pistas as compiticións iríanse desenvolvendo en dobre xornada e na que o máis salientable serían as actuacións e as mínimas para os nacionáis cadetes e xuvenmiles dos seguintes atletas:

En velocidade Santiago Lameiro do Lucus nos 100 ml con 11.66 e Brais Fernández do Fontes do SAR con 11.74; Pedro Osorio do Ria Ferrol nos 400 ml.l. xuvenil con 50.16 e Lucía Sicre do Ria Ferrol con 58.57; Nerea Iglesias do Fontes do SAR nos 300 m.l. con 42.17; Xoan Fonticoba do Narón con 22.85, Daniel Calvar do Vila de Cangas con 23.05, Alexis Miguens do Santa Uxía con 23.13 e Pedro Osorio do RIA con 23.17 nos 200 m.l. xuveniles; Ana Iglesias do Coruña Comarca con 25,76, María Fernández do Coruña Comarca con 26.04, Claudia Torres do Ria Ferrol con 26.07, Lucía Sicre do Ria Ferrol con 26.29 e Alba Rouco do Marineda con 26.29 nos 200 m.l. xuveniles.

En valados. Nos 400 m.v. David Lorenzo do Vila de Cangas con 56.53; Martín Oitabén do Riazor Coruña con 57,48, Guzmán Carril da Atlética Lucense con 57.70. Lia Caride do AVA con 1.04.95 nos 400 m.v.xuvenil. Pablo Boleas da Gimnástica nos 300 m.v con 42.88 e Lucas Lorenzo do Franciscanos con 43.21; Uxía Pereira da Atlética Lucense con 14.79 e Lucía Ferrer da Gimnástica con 15.13 nos 100 m.v. xuvenil; Belén García do ADAS-Proinor con 15.47 nos 100 m.v cadete e por último Lucas Lorenzo do Franciscanos de Lugo con 15.11 nos 100 m.v. cadete.

En fondo e medio fondo El Medhi el Nabaoui do CDS Paio con 9.12.58, Iago Jopia do Coruña Comarca con 9.23.99 e Hugo García da Gimnástica con 9.24.98 nos 3000 m.l. cadete; Said Abdoun nos 1000 m. cadete con 2.41.16; Irene Barreiro do Ria Ferrol con 1.36.66 e Blanca Armenteros da Gimnástica con 1.39.25 nos 600 cadetes; Lucía Varela do Friol nos 1500 Obstáculos con 5.24.56

En saltos Carlos Alvarez Nieto do Franciscanos en lonxitude cadete con 6.24, Olaia Gisela Becerril do Celta en lonxitude xuvenil con 5.75 m. Carla Mourelle do Lucus en Triple con 11.12 m.; Marco Martínez da Gimnástica en altura xuvenil con 1.86; David Lorenzo do Vila de Cangas en pértega xuvenil con 4.15 m.

En Lanzamentos. Nicolás García en disco Xuvenil con 46.42 m. No martelo Cadete Irene Gómez do AVA con 53.13; Adriana Reguera do ADAS-Proinor con 44.44 e Valeria Rodríguez do Vila de Cangas con 39.39 m; Patricia Correa do A.F. Celta con 50.85 m. en martelo xuvenil; Samuel Díaz do Riazor Coruña en disco cadete con 48.74; Valeria Rodríguez do Vila de Cangas en Peso cedete con 11.11; Paula Piñón do Lugo RC RL en disco cadete con 33.04 m.; María Jimenez da Gimnástica en disco xuvenil con 34.39 m.; María Pena de A Silva con 33.96, Carmen Victoria González do Franciscanos de Lugo con 33.50 m. e Leila Barral do Barbanza con 33.02 na xavalina cadete. Por último Ivanna Carolina Roman do Marineda na xavalina xuvenil con 39.79;

Ligazón

Compartir: