As pistas de atletismo de Calabagueiros no Barco de Valdeorras deron acollida ó Campionato de Galicia por equipos para as categorías benxamín, alevín e infantil o pasado dia sábado 27 de maio.
O evento que xuntaría a nada menos que a 79 equipos achegados de todas as Delegacións da nosa Comunidade vería como o Atletismo Vila de Cangas se acabaría impoñendo no computo xeral (suma dos puntos acadado en homes e mulleres) nas categorías de alevín e infantil sendo a victoria na benxamín para o ADAS-Proinor. O Atletismo Ourense malia non acadar ningún dos trunfos sería o único clube con representación en todos os podiums acadando os subcampionatos infantil e benxamín e o terceiro posto no alevín. Os lucenses da Escola Atlética Lucense sumaría un podium de prata na cos seus alevíns correspondendo sendos bronces restantes para o Clube Atletismo Sada na benxamín e para o Millaraio na infantil.