Ca disputa da primera xornada do Campionato Nacional de Liga de Primeira División a fináis do mes pasado, regresaba a compitición ca participación dos tres clubes galegos.
O equipo feminino da Gimnástica que competía en Burgos acadaría a terceira posición do seu cadrangular nunha cita gañada polo conxunto catalán de L´Hospitalet. Con este resultado as pontevedresas acadan a sétima posición da xeneral o que lles da dereito a disputar o encontro polo acenso.
Pola súa banda o Atletismo Feminino Celta desplazaríase ata Valladolid para compitir nun complicado encontro no que as celestes darían o millor de si o que lles permitiría lograr a segunda posición. Con este excelente resultado as viguesas (sextas na clasificacion xeral), disputarán a fase de ascenso a División de Honra que se desenvoverá o 10 de Xuño
O outro conxunto da primeira división, o equipo masculino do Real Clube Celta que partía na décima posición, faría un notabilísimo encontro nunha cita complicada na que tan só cedería ante os asturianos do Universidade de Oviedo. Malia os seus esforzos, non estarán na fase de loita polo título por tan só dazaséis puntos que o separan do oitavo clasificado.