Xa o viña anunciando dende a pasada campaña de Pista Cuberta na que saltaría 6.00 metros no Campionato de Galicia Absoluto e que máis tarde serían pulverizados por esos 6.22 m. efectuados no Nacional Absoluto de Salamanca que a colocaban como plusmarquista galega indoor e quinta millor marca no ranking nacional.
Letia Gil volvería a alta compiticion esta fin de semana durante o transcurso do Campionato Nacional de liga na que tomaba parte co seu clube o Bidezabal, acadando no seu segundo intento no concurso de lonxitude un rexistro de 6.05 m. (+1.6) que representa un novo Récord Galego Absoluto que sustituie ós 5.99 m. de Ana Peleteiro do ano 2015.
Esta marca que racha a barreira dos seis metros que ela mesma xa superara na pista cuberta, (e que ademáis a sitúan de terceira no ranking nacional) converten á atleta de Valdeorras na figura galega actual da lonxitude nun sector, no que Galicia está a liderar nos últimos anos.