Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Un total de dez atletas galegos atópanse no top-ten do ranking nacional de pista cuberta que ben de pecharse recentemente.

Na relación figuran as galegas Solange Pereira nos 1500 m.l. con 4.13.54 e Ana Peletiro en triple con 14.20 m. encabenzando o ranking nacional nas súas respectivas probas. Nestes postos altos da clasificación, figuran do mesmo modo os nomes de Jean Marie Okuto, segundo no concurso de lonxitude con 7.84 ou mesmo a saltadora de Altura Saleta Fernández quen cun rexistro de 1.82 m. aparece trala campiona olímpica Ruth Beitia. Belén Toimil en peso con 16.27 m. é outra das atletas que se encontra na segunda posición da táboa do ranking.

Por último nesas primeiras dez posicións atópanse de igual modo Adrián Ben 5º nos 1500 m. e 10º nos 3000 m.l., Carmela Cardama, 6ª nos 3000 m., asi como Leticia Gil e José Alfonso Palomanes quintos en lonxitude e triplo respectivamente. Para rematar Claudia Roja entra tamén na zona top-ten acadando a décima posición nas combinadas do Pentahlon.

LIDERES RANKING GALEGO

Compartir: