Saltar ao contido
Arquivo

Principiaron os equipos galegos no Campionato Nacional de Clubs

Este sábado daría comezo a compitición por excelencia de clubes, ca disputa da
primeira xornada da Liga Nacional a que concurren nada menos que cinco clubes galegos.

Na división de honra feminina o campión galego, RIA Ferrol- Concepción Arenal comezaría a súa participación acadando un cuarto lugar no seu cadrangular desenvolto en
Donosti cun total de 132,5 puntos e que sería gañado polo Valencia Esports un dos claros favoritos o título. Destacaría por parte das ferrolanas o trunfo de Paulette Natacha Fernández na proba dos
400 m.v..

Pola súa banda na División de Honra masculina, a Sociedad Gimnástica reforzado pola súa recente victoria no Campionato Galageo de clubs, desprazaríase ata Madrid para
enfrontarse ó A.D. Marathon, Unicaja Atletismo e Atletismo Salamanca. O remate os da Gimnástica non poideron acadar unha das dúas primeiras posicións, téndose que conformar co terceiro
lugar e na que o máis salientable serían os trunfos dos seus atletas Alberto Salcedo nos 200 m.l., Lysvanys Arlys Pérez no concurso de altura e Manuel Castellanos en xavalina.

Na primeira División feminina o Atletismo Feminino Celta viaxaría ata Cartagena para tomar parte no encontro A no que acabaría unha boa segunda posición cun total de 153
puntos que lle permiten seguir compitindo na loita polo ascenso a máxima categoría. Un posto máis embaixo quedarían o equipo masculino celeste que acadaría un total de 167 puntos
no seu cadrangular que sería gañado por polos locáis do A.Alcorcon con 200,5 puntos. Por último oequipo feminino da Sociedad Gimnastica desprazado tamén a
Alcorcon, lograría unha fantástica segunda posición cunha puntuacion total de 166,5 puntos.

LigazónLigazón Ligazón

noticias
Compartir