Un récord nacional, un autonómico e interesantes rexistros nesta fin de semana

Comeza pouco a pouco a ir avanzando a tempada de aire libre na que o bo tempo que estamos a ter nas últimas semanas está a influir de maneira positiva unha millor calidade de destramentos que se traducen na consecución de bos rexistros. Esta fin de semana contaríamos con varias mostras dos mesmos na que salientamos o Récord de España W-40 da triplista do ADAS-Proinor Raquel Lameiro quen no concurso efectuado no Campionato de Galicia de Clubs establecería unha millor marca de11.41 m. (11.41/11.38/X/11.08).

Si esto acontecía no sector dos saltos, sería no de lanzamentos onde se rexistrarían varias marcas destacadas. Para comezar a martillista do AVA Irene Gómez lograría un novo récord galego cadete e xuvenil ó lanzar en Vila Nova de Cerdeira ata os 53.44 m. que a reafirman ademáis na primeira posición do ranking nacional.

A xavalina tería dobre protagonismo feminino xa que Lidia Parada do A.D. Barbanza no seu estreo de tempada en Vila Nova da Cerveira lanzaría ata os 54.32 m. o que supoñen unha millor marca nacional da tempada (a falta de que a RFEA oficialice o rexistro). Continuamos ca xavalina xa que a pupila xuvenil de Necho Fernández Ivanna Román defendendo ás cores do RIA Ferrol-CCA, compitiría no Campionato de Galicia de Clubs na que establecería un rexistro de 42.72 m. que supoñen tanto unha MMP como a millor marca nacional do ano na súa categoría (sétima absoluta.)

Xa para rematar, e no Campionato Galego de Marathon da categoría W-60, a atleta do Egovarros Isabel Brea establecería un novo récord galego da súa categoría o marcar un crono oficial de 4.18.22 que millora o anterior rexistro que ela mesma ostentaba.

Compartir: