De maneira incesante dende que dera comezo oficialmente a tempada, vense de producir un incremento importante no número de atletas que decidiron federarse nesta tempada e cuio número superaría xa a barreira dos 7000.
Con esta cifra vense de acadar un dos principáis obxectivos que a nivel de xestión federativa se establecese para este periodo, e cuia importancia se pon de manifesto nas distintas campañas que se están ultimando para lanzalas xa neste mesmo mes.
A campaña centrarase sobre un dos aspectos máis salientables que ofrece a ventaxa de estar federado como é a de contar cunha cobertura médica que cubra as necesidades do atleta durante toda a tempada ante posibles lesións. Non esquecemos o aspecto económico, xa que esta opción ofrece un aforro moi importante ó permitir participar de balde en todas aquelas probas que conten con rango de Campionato Galego tales como o Campionato de Milla en Ruta, o Campìonato dos 5 km, o dos 10 km, o Campionato de Media Marathon e o da Marathon. De igual modo tamén permite tomar parte en todas as probas de pista (tanto cuberta como de aire libre) que as normativas lle permitan.