Miguel González Campión de España Junior de 10.000 m.l.

Esta fin de semana Huelva deu acollida o Campionato de España de Fondo en Pista Trofeo Ibérico, que contaría cun importante número de fondistas tanto lusos coma nacionáis. O longo da xornada do sábado iríanse desenvolvendo as distintas series que sobre as distancias tanto dos 5.000 m.l. coma na dos 10.000 m. estaban programadas e na que se contaría con presencia galega.

En concreto nos 10.000 m.l. Junior o atleta internacional do LUCUS-C.R.Galega Miguel González proclamaríase Campión de España da distancia logo de invertir un rexistro de 30.02.73. O de lugo con este rexistro consegue unha MMP que lle permite liderar o ranking nacional da súa categoría.

Outra das galegas que tomaría parte nesta compitición sería Esther Navarrete quen participaría no Campionato de España dos 5000 m.l. rematando 7ª con 34.58.89. Por útimo Ivo Maseda (Lugo R.C. Ramos Lourés) quen tamén tomaba parte no nacional promesa dos 10.000 m., acadaría a 8ª posición con 32.40.56

Ligazón

Compartir: