Resultados

Bronce para Daniel Chamosa no nacional de Marcha Promesa

Por delegación da RFEA esta fin de semana a Federación extremeña organizaría en Mérida o MMXVII Campionato de España de 20 km. marcha Absoluto e Promesa Masculino así como o Criterium Nacional de Marcha á que se achegaría un nutrido número de marchadores galegos.

O máis salientable sería a medalla de bronce do internacional Daniel Chamosa quen na proba do Campionato de España dos 20 km. Promesa acadaría o bronce logo de invertrir un rexistro de 1.34.12. Tras del chegaría na cuarta posición o outro marchador galego promesa Marcos Cintrón do Lugo R.C.. Ramos Lourés que completaría a proba con 1.39.14.

Nesta mesma distancia pero na categoría absoluta Fran Durán da Real Sociedad acabaría sendo oitavo con 1.28.00.

A maiores e xa no criterium, salientamos tamén as actuacións de Edurne Castro do C.A. Cuntis bronce no 1 km Alevín; Marcos Burgo do A.Friol bronce nos 5 km Cadete, Antía Chamosa do C.A, Valladolid e Carmen Escariz do Bidezabal, prata e bronce respectivos nos 10 km. Junior; Roberto Vieiro do C.A. Santiago bronce nos 10 km. Xuvenil e a José Fernández do R.C. Celta ouro na categoría de veteranos.

Ligazón