Resultados

Sole Castro, Campiona Mundial veterana de Media Marathon

A atleta do Comesa Sporting Club, Soledad Castro Soliño, acábase de proclamar na última xornada dos Campionatos do Mundo que se están a desenvolver na capital Koreana de Daegu dende o pasado dia 19 de marzo, Campiona do Mundo na categoría W-50 na especialidade media marathon ó acadar un rexsitro de 1.27.29. A emblemática atleta do Comesa ademáis faría todo unha demostración de superioridade ó quitar preto de dez minutos a segunda clasificada, a británica Tracey Gibson quen entraría en meta con 1.36.56.

Con este novo título, Sole Castro incrementa o seu xa de por si impresioante palmarés veterano atlético que fan dela unha das atletas galegas máis laureadas do noso atletismo a nivel internacional.

Lembramos que da mesma maniera, e como xa informamos, María de los Angeles Rodriguez na proba de xavalina (W-55) acadaría o pasado dia 21 o título de Campiona Mundial con 20.15 m. sumando desta meneira a representación galega, dous títulos nestos campionatos.

Ligazón Ligazón

Compartir: