Saltar ao contido
Arquivo

Solange Pereira e Jean Marie Okutu, millores atletas galegos 2016

No dia de onte desenvolveuse na Pobra do Caramiñal a X Gala Anual
do Atletismo Galego
que como cada ano distingue ós distintos colectivos do atletismo galego.

O acto, que abarrotaría o Teatro Elma, contaría ca presencia do Alcalde do Concello anfitrión, así coma de representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e entidades privadas
colaboradoras.

Terio Carrera un ano máis sería o encargado de conducir a gala que discurriría de maneira dinámica e fluida e na que o humor estaría presente en todo momento.

No apartado de premiacións, ós millores atletas veteranos recaerían sobre José Vicente Rioseco e Esther Pedrosa; no apartado sub-23 serían para Belén
Toimil
e Mauro Triana e xa na categoría absoluta de novo Solange Pereira e Jean Marie Okutu volverían a acadar este importante galardón
que os distingue como millores atletas galegos 2016.

Con esta, xa son catro os anos consecutivos que tanto Jean Marie Okutu como Solange Pereira (con tres) reciben este premio o que pon de relieve o recoñocemento e a importancia que dende o atletismo
galego se lle da ós seus éxitos e ó seu traballo .

Xa para rematar no resto de estamentos, o xuiz Jorge Blanco sería distinguido ca placa Ramón Docal recibindo Carlos Landín o premio ó millor adestrador
2016. No apartado de Clubs a Sociedad Gimnastica de Pontevedra recibiría o premio ó millor club absoluto sendo o Atletismo Vila de Cangas o galardoado nas
categorías inferiores

Ligazón Ligazón

noticias
Compartir