María de los Angeles Rodríguez, Campiona do Mundo Veterana en xavalina

A atleta do Clube Atlética A Silva e xuiz de atletismo, María de los Angeles Rodríguez del Rio, acábase de proclamar esta mesma mañán nos Campionatos do Mundo Veteranos que se están a desenvolver na capital Koreana de Daegu, campiona do mundo na categoría W-55 no concurso de lanzamento de xavalina ó acadar no seu primeiro lanzamento un millor rexistro de 20.15 m. (20,15 / 19.24 / 16.11 / 19.11)

Este é o primeiro gran título internacional para esta atleta que simultanea varias especialidades así como as combinadas. Malia elo, é precisamente na xavalina onde acada os seus maiores rexistros e que a levarían, xa o ano pasado, a proclamarse Campiona de España da súa categoría en Elche.

Ligazón Ligazón

Compartir: