Saltar ao contido
Arquivo

O CGX refórzase con máis Xuices do Nivel I e Autonómico

Como xa informamos no seu dia, o pasado dia 11 de Febreiro desenvolveríase na
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educacion Física de Bastiagueiro unhas probas de acceso ó nivel I de xuiz de atletismo a que concurrirían un total de corenta e nove
aspirantes. Logo das correcións das probas de capacitación levadas a cabo polos aspirantes, o Comité Nacional de Xuices ben de oficializar a relación de aptos que ascende a un total de vinte sete
os cales veremos xa de maneira inmediata desenvolvendo as súas novas tarefas.

Da mesma maneira celebraríase o pasado 11 de marzo nas sedes de A Coruña e Pontevedra sendos exames para o acesso a categoría de Xuiz Autonómico e na que resultarían aptos:
Carlos Javier Amor, Laura Copa, Ana Domínguez, Estela Fernández, José David García e Lucía Vidal.

Ligazón

noticias
Compartir