Resultados

Dous récords e gran ambente no Campionato Galego Indoor Benxamín, Alevín e Infantil

Este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor acollería o último Campionato de Pista Cuberta da presente tempada na nosa comunidade e na que os benxamíns, alevíns e infantiles serían os protagonistas.

Como se agardaba, gran ambente tanto nas bancadas coma nas pistas na que a deportividade, as boas actuacións e as gañas de tomar parte foron a tónica domiñante.

A nivel de resultados, salientamos dous Récords Galegos benxamínes da man de Celia Puente do Marineda nos 50 m.l. con 8.12 que tamén resultaría gañadora na proba dos 500 m., e de Alex Sierpes do Trega nos 1000 m. que deixaría o novo tope autonómico en 3.23.12.

No canto o resto de actuacións salientar a Iria Solera do Ourense Atletismo quen na categoría benxamín gañaría as probas de Altura e 1000 m. asi como os atletas Infantiles do Vila de Cangas Sara Mallo e Jacobo Díaz, gañadores das probas de Lonxitude e Triple asi como de Altura e Pértega respectivamente

Ligazón

Compartir: