No dia de onte disputarías e na localidade extremeña de Don Benito o Campionato de España de Cross Escolar á que acudirían os equipos galegos
Ca categoría feminina salientamos a excelente 3ª posición das cadetes femininas lideradas por Elsa Pena que ocuparía unha magnífica 5ª posición nunha categoría gañada por Castelano-Leonesas e catalanas. No que atinxe a categoría masculina de novo El Medhi El-Nabaoui nun formidable carrerón cedería tan só ante o representante castelano-leonés, malia que por equipos a nosa comunidade ocuparía a 8ª posición.
Non menos excelente sería ao resultado do atleta Ramón Pérez Rodríguez quen na categoría de cross adaptado masculino lograría unha brilantísima medalla de bronce cun rexistro de 20.53
Xa na categoría xuvenil masculina a selección encabezada por Artuto Ramos que entraría no 14º lugar, acadaría por equipos un magnífico 4º lugar grazas a regularidade de todos os seus compoñentes e cuios catro atletas puntuables entrarían a meta entre entre os trinta primeiros. Por último na categoría feminina, e nunha proba máis complicada, Galicia quedaría por seleccións na 12ª posición cunha Raquel Meaños no posto 28º coma millor galega.