Resultados

46 Medallas, 3 Récords Nacionáis e 21 Autonómicos, balance dos galegos no Nacional veterano

Remataron os XXVIII campionatos de España veteranos Indoor que se estiveron a desenvolver durante esta fin mde semana en Gijón e na que os nosos representantes acadarían uns magníficos resultados.

A nivel de medallas se acadarían un total de 46 (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces) así como nada menos que 21 novos récords galegos e 3 nacionáis o que pon de manifesto a importancia deste importante colectivo no noso atletismo.

A nivel individual o máis salientable serían os récords de España de Raquel Lameiro do ADAS-Proinor quen na proba do Triple Salto F-40 e cun rexistro de 11.35 no seu último intento (11.19/11.11/X/11.08/11.26/11.35) establecería un novo tope nacional millorando os anteriores 10.89 de Rosa Escribano. Da mesma maneira a de de Valdeorras acadaría o título en lonxitude con 4.99 m. que tamén representa un novo récord galego.

Sen lugar a dúbidas o gran protagonista galego desta edición sería o atleta do Clube Universidade Santiago Xosé Lois Otero Cepeda quen establecía o venres – e como xa informamos- o récord nacionál na distancia dos 3.000 m. M-65 con 10.29.39 que milloraba en nada menos de preto de sete segundos o anterior tope que el mismo tiña dende os pasados Campionatos de Galicia con 10.36.11. Por si fora pouco, xa na última xornada de hoxe, tomaría parte nos 1500 m. onde se imporía cun rexistro de 4.59.69 que representa outro novo récord de España que millora os 5.01.87 que estaban vixentes dende o ano 2011.

Actuación Galega

Ligazón

Compartir: