Resultados

Récord Galego de Belén Toimil na Copa de Europa de Lanzamentos

Durante o transcurso da Copa de Europa de lanzamentos que tería por esciario a illa de Las Palmas de Gran Canaria a lanzadora galega de peso, Belén Tomil acadaría no seu cuarto lanzamento no cuncurso un rexistro de 16.39 m. (15.98 / 16.55 / 15.58 / 16.39 / X / 16.13) o que representa un novo récord galego absoluto que milloraría a anterior marca establecida por ela mesma de 16.31 dende xuño do ano pasado. Con este récord galego ó aire libre Belén continúa a súa fantástica progresión que a levaría a millorar o tope autonómico en pista cuberta en nada menos que en catro ocasións.

Noutro orden de cousas, Fran Casañas non tería a mesma fortuna xa que logo do seu primeiro intento nulo no concurso de disco, renunciaría a seguir participando na proba por (asi todo o parece indicar) problemas físicos.

Ligazón