Seis galegos tomarán parte no nacional de lanzamentos longos

O Sábado dia 4 na localidade extremeña de Montijo terá lugar o VII Campionato de España de inverno de lanzamentos longos nos que un total de seis atletas galegos acudirán ós mesmos.

A priori será o cinco veces olímpico Frank Casañas quen conte con máis opcións de subir o podium na proba de disco ó acreditar un rexistro de 65.32 m. polos 66.96 m. de Lois Maikel Martínez o principal favorito ó título. Nesta mesma proba tomará parte de igual modo Victor Gallego da Gimnástica. No resto de concursos Pablo Denis en martelo con 64.34 e Carlos Revuelta con 62.08 se atopàn entre as seis millores marcas acreditadas de participación. Por último presenza galega na xavalina ca participación de Borja Barbeiro con 67.30 m. e Angeles Filgueiras da Gimnástica con 40.60 m.

Ligazón