Importante actuación da marcha galega durante o transcurso do Campionato de España que se desenvolvería no dia de hoxe na illa canaria de El Hierro e na que se acadarían un total de sete medallas
O máis salientable a nivel individual serían as medallas de bronce tanto da Junior Carmen Escariz do Bidezabal na proba dos 10 km. na que invertiría un crono de 49.34, como de Mar Chillón do Valencia Esports nos 20 km. promesa cun rexistro de 1.56.04.
A medalla de ouro para a expedición galega correría a cargo da veterana W-35 Conchi Campos quen na proba dos 10 km. se proclamaría gañadora cun crono de 59.07.
No campionato de España por Federacións Galicia acadaría uns excelentes resultados subindo ó podium en todas as categorías. Salientamos o subcampionato Nacional Junior feminino grazas a 3ª posición de Carmen Escariz, 4ª de Antía Chamosa, 23º de Iria Rivas, 24ª de Celia Carracedo e 27ª de Marta Suárez. Na categoría masculina junior un novo podium, nesta caso de bronce grazas ó 8º posto de Roberto Vieiro, 12º de Brais Prieto, 15º de Alex Novas, 36º de Héctor Rodríguez e 38º de Emilio Novas.
De novo a seleccións galegas cadetes volvería a subirse ó podium na terceira posición en ambas categorías sumando asi outras dúas medallas. Por parte das mulleres as posicións foron as seguintes: 4ª Ana Piñeiro, 11ª Noelia Sánchez, 12ª Nerea Lage, 26ª Ainhoa Vázquez, 36ª Valeria Fernández. Pola contra as posicións masculinas quedarían da seguinte maneira: 6º Hugo Martínez, 7º Mateo Díaz,10º Marcos Burgo, 37º Nicolás Iglesias