Fantástico balance da representación galega no transcurso do Campionato de España de Lanzamentos longos que tería lugar o domingo no CAR de León e na que se acadarían un total de tres medallas
Na categoría cadete Irene Gómez do A.V.A suma e segue a súa importante progresión, acadando un subcampionato nacional logo de lanzar ata os 50.41 en martelo. Importante tamén a medalla de prata na xavalina junior de Andrea González da Gimnástica, quen subiría ó podium cun muillor rexistro de 36.60 m. Sen abandoar a xavalina feminina un novo metal, desta vez de bronce xuvenil, sumariase ás galegas da man de Ivanna Carolina Román onde chegaría no seu segundo intento ata os 41.00 m.
No resto de participantes galegos salientamos as posicións e rexistros de Antía Sestelo do A.F.Celta en 5ª en xavalina cadete con 32.46 m.; Nicolás García do R.C. Celta 6º en disco xuvenil con 48.94 m., David García do R.C. Celta 5º en martelo cadete con 40.91 m e de Daniel Mato do Millaraio 7º en xavalina cadete con 33.95 m.