Solange Pereira e Ana Peleteiro na lista para o Europeo.

Hoxe a R.F.E.A. en nota de prensa, acaba de facer pública un primeiro avance da lista oficial de atletas que tomarán parte no vindeiro Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta que terá lugar os dias 3 ó 5 de Marzo na capital Serbia de Belgrado e na que como xa vimos adiantando, figuran o nome das galegas Solange Pereira nos 1500 m. e Ana Peleteiro no concurso de triple.

Ambas galegas se atopan nun excelente estado de forma como demostran os seus títulos de Campionas de España acadados recentemente en Salamanca así como os seus rexistros de 4.13.54 da canguesa e de 13.76 m. da de Barbanza. En calquer caso a lista definitiva pecharase o vindeiro luns 27 de febreiro logo do que aconteza cos resultados do Meeting de Madrid, e na que se agarda a participación de Jean Marie Okutu co obxectivo de millorar o seu rexistro actual de 7.76 en catorce centimetros para estar nesa lista de seleccioados.

Ligazón

Compartir: