Manuel Rosales amplía a súa lenda

O atleta veterano independente de Marín, Manuel Rosales Touza que este ano cumplirá 82 anos continúa de forma imparable ca súa colección de títulos e récords. Desta vez sería durante o trancurso do Campionato de Galicia de 10 Km. en ruta que se desenvolvería en Padrón esta fin de semana, onde cun rexistro de 50.57, establecería un novo record nacional M-80 millorando en nada menos que en preto de catro minutos o anterior rexistro que dende o ano 2011 en Camargo posuía Ricardo Bueno con 54.48.

Lembramos que Manuel Rosales pasa por ser un dos atletas máis lauredos do atletismo galego a nivel internacional xa que amosa innumerables récords e medallas de Campionatos de España, Europa e do Mundo nas disciplinas de cross, pista cuberta, aire libre e ruta.

Ligazón

Foto: Difusión ProSport

Compartir: