A primeira xornada correspondente o Campionato de España de Pista Cuberta disputada onte en Salamanca, deixaría as dúas primeiras medallas para o conxunto de atletas galegos ata alí desprazados.
A primiara viría da man da clara favorita ó titulo no concurso de triple Ana Peleteiro. A de Barbanza que comezaría cun nulo no seu concurso, chegaría ata 13.39 m. no seu segundo para rematar con 13.67 m. no seu terceiro e último salto, xa que por mor dunhas molestias no sacro decidiría, non seguir saltando con vistas cara a ese europeo de Belgrado.
O outro metal viría tamén do foso de area da man do marinense Jean Marie Okutu en lonxitude. Nun concurso moi emocioante, na que o discípulo de Javier Medrano tan só faría dous saltos válidos, chegaría no seu cuarto intento ata os 7.76 (MMT) que o manterían na primeira posicón ata o último salto de Eusebio Cáceres que por vinte dous centímetos (MMT) faríase finalmente co título nacional.
Outras actuacións destacadas virían da man de Esther Navarrete (ADAS-Proinor) quen na proba dos 3000 m.l. acadaría unha MMP con 9.31.90 ocupando posto de finalista. Javier Garcia do Riazor Coruña meteriase nas semifináis dos 60 m.l. logo de acadar unha MMP con 6.90.
Nos 1500 Leticia Fernández do ADAS-Proinor con 4.27.03 (MMP) metaríase na final ó igual que Solange Pereira do Valencia Esports, con 4.32.05. Nesta mesma distancia MMT para Sandra Mosquera do ADAS-Proinor con 4.41.25
Miguel Pérez do LUCUS nos 60 m.v. non tería sorte na sua proba na que quedaría descalificicado, si en cambio tería unha millor compitición Raquel Meñaos do Mazí que con 2.17.85 na proba dos 800 acadaría unha MMP