Nun intenso fin de semana plagado de acontecementos relevantes para os intereses galegos, outra importante nova non menos destacable acontecería na localidade lusa de Pombo onde se desenvolvería o “Trofeo Ibérico Xuvenil de Probas Combinadas” e na que a atleta do Atletismo Femino Celta, Eva Queimaño, estrearía internacionalidade.
O debut da pupila de David Gómez (tamén presente como técnico ofical da selección) non poido ser millor xa que acadaría a cuarta posición a tan só catro puntos da medalla de bronce sumando un total de 3445 puntos o que supón ademáis unha MMP. Os seus rexistros serían de 9,04 nos 60 l.; 1.63 m. en altura con MMP; 10.27 m. en Peso con MMP; 5.10 m. en Lonxitude e 2.33.64 nos 800 m.