Moitas frontes atléticos estiveron abertos durante esta fin de semana ós cales acudirían moitos dos nosos deportistas que tomarían parte activa nos mesmos.
Entre estas actuacións, cabe salientar o Récord Nacional acadado pola atleta do ADAS-Proinor Raquel Lameiro quen no concurso de triple salto acontecido durante a Concentración do sector desenvolta o pasado sábado dia 11 no Módulo Cuberto dos Remedios de Ourense, establecería un novo Récord Nacional W-40 ó saltar no seu quinto intento 11.19 m. (X/11.04/X/11.09/11.19/X). A do ADAS milloraría en todos os seus saltos o anterior tope nacional que estaba dende o ano 2000 en 10.89 m.