A atleta de Cangas do Valencia Sports e adestrada por Carlos Landin, Solange Pereira acaba de establecer no Gran Premio de Valencia de Pista Cuberta desenvolto no dia de hoxe, un rexistro de 4.13.54 na proba dos 1500 m. que supoñen a mínima de participación para os Campionatos de Europa que se de desenvolverán o vindeiro dia 3 ó 5 de Marzo en Belgrado e que a RFEA tiña establecido en 4.14.00. Con este rexistro ademáis acada unha MMP que anteriormente tiña en 4.15.17 do ano 2014 e na que o Récord Galego, lembramos, continúa en posesión de Rocío Rodríguez dende o ano 1999 con 4.10.17 acadados nos Mundiáis de Maebashi
Con este rexistro, Solange acada un dos seus principáis obxectivos desta tempada indoor, uníndose para este europeo a Ana Peleteiro que participará no concurso de triple.
Mínimas de particpación da RFEA para Campionatos Internacionáis