O pazo dos Deportes de Riazor deu acollida no dia de hoxe a disputa correspondente ó XXXI Campionato de Galicia Absoluto-Promesa así como o Campionato autónomiico dos 1500 e 3000 na categoría junior.
Nesta edición o protagonismo sería para Letia Gil do Bidezabal quen na proba de lonxitude e cun millor salto no seu primeiro intento de 6.00 m. establecería unha nono Récord Galego Absoluto superando os 5.91 que ela mesma pusuía e completando un concurso que deixa moi boas sensacións de cara a futuros saltos (6.00/5.90/X/5.69/5.84/5.87)
Outras das protagonistas da xornada sería Paula Iglesias Garnelo do Riazor Coruña, quen na proba dos 400 m.l. se imporía na final marcando un rexistro de 56.12 establecendo un novo Récord Galego Junior da proba e aupándose ata a segunda posición do rankin nacional da súa categoría tras os 55.32 da avilesa Andrea Jiménez.
Nos valados femininos a atleta do Riazor Coruña Teresa Rodríguez con 7.46 efectuados na serie semifinal igualaría o Récord Galego Absoluto Indoor que ela mesma tiña dende o ano pasado nas mesmas instalacións. Na final novo título para a coruñesa con 7.56
No resto de probas salientar os 4.21.88 de Solange Pereira que tamén a colocan no ranking nacional nunha boa posición cedendo tan só ante os 4.17.65 de Marta Pérez ou a Belén Toimil quen no concurso de peso con 15.25 m. (15.23/X/15.25/14.73/X/X) establecería un novo récord do campionato sustituindo a marca da mítica Angeles Barreiro que dende o ano 1993 tiña con 15.21