Resultados

Magnífico campionato de cross o presenciado hoxe en A Baña

No dia hoxe o Concello coruñés de A Baña foi esciario da disputa dunha das grandes citas do campo a través, como é a do Memorial Alejandro Lorenzo reservado para atletas das categorias de benxamín ata infantil e na que nos gañadores serían Henar Méndez do Maderas Barciá Lourenzá e Alex Sierpes da S.D.Trega na categoría benxamín; Xela Martínez da E.A.Lucense e Pepe Sánchez do Franciscanos de Lugo na categoría alevín e Laura Carracedo do C.A. Estrada e Antón Martínez da Atlética Lucense na Infantil.

No Campionato de Galicia cadete os trunfos individuais corresponderían para Sara Lima do Beade e para El Naboui, El Medhi do CD San Paio A Estrada equipo este último que resultaría vencedor por conxuntos. O trunfo feminino correspondería para o Atletismo Tui.

Xa no Campionato Xuvenil trunfo individual para Sara López do Lucus Caixa Rural Galega e para Pedro Osorio do RIA Ferrol sendo por equipos as victorias femeninas para o Lucus Caixa Rural Galega e para o CA Santiago na masculina

Continuando ca xornada de A Baña, o título galego de cross corto na categoría feminina correspondería para o ADAS-Proinor sendo a Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen acadaría o trunfo en homes. Xunto eles e compartindo podium estarían Comesaña S.C. e C.A. Sar, asi como ADAS-Proinor e C.A.Santiago en mulleres e homes repectivamente.


Ligazón

Compartir: