Arquivo
Catro distincións para o atletismo galego na gala anual RFEA
Este sábado 21 de xaneiro terá lugar a XX RFEA Gala do Atletismo 2016 que se desenvolverá no Auditorium Alfredo Goyeneche do Comité olimpico Español en Madrid e na que nada menos que catro galegos
figuran na lista de galardoados.
Asi no apartado de organizadores o Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña engadirá un novo premio máis a súa dilatada traxectoria de máis de trinta anos.
Alfonso Posada e Alfonso Ortega recibirán o Premio Especial RFEA en recoñocemento a súa dilata e extensa actividade a prol do atletismo. Por
último un ano máis, o galardon ó millor xuiz novel recaerá no coruñés Andrés Anxo Pérez que recollerá o testigo de Guillermo Sandino premiado na edición do ano pasado.
noticias