O calendario de probas para este domingo dia 18 pasan polo Campo a Través na que contaremos ca disputa dos XOGADE da Coruña (en Acea da Ma) e Lugo.
A maiores o Concello de Ordes organizará o VIII Cross medioambiental Concello de Ordes que comezará a partires das 16.30 horas no Campo da Feira do Concello.
A Rúa tamen dará acollida a Carreira e Andaina Popular do Nadal 1 kg. solidario que dende a Praza da Estación virán sair os primieros participantes sobre as 12.00 horas. Outra das que tamén se suman ó pedestrismo será a cidade de Vigo quen desenvolverá a súa clásica 55ª Carreira Pedestre de Nadal- Carreira do Pavo que dará comezo as 10.30 na praza de Compostela. Por ultimo Porto do Son será quen acolla as 10.15 horas a última proba do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputacion da Coruña na disputa da V Carreira Sin-Son, 10 km.
Fora da nosa Comunidade outro punto importante de atención pasa por Getafe onde se disputará o Campionato de España de Marcha en Ruta para veteranos ca presenza de catro galegos