Comeza a tempada, comezan os récords

Con apenas corenta e dous dias dende que comezamos a nova tempada atlética 2016/2017, xa se teñen producido nada menos que catro récords galegos, o último dos cales sería conseguido por Claudia Rojo Cazorla quen a o pasado dia 02 de Decembro na cidade norteamericana de Wichita establecería un novo récord galego Junior, Promesa e Absoluto na proba de pentathlon con 3662 puntos, millorando os 3572 puntos que dende o ano 1998 tiña Ana Nogueira. A de Narón que continúa simultaneando os seus adestramentos cos seus estudios de Enxeñería Espacial, continúa desta maneira a súa importante progresiíon tanto na modalidade de combinadas, coma na dos 400 m.valados.

Este récord galego súmase os acadados no pasado Campionato de Galicia de Marcha de inverno dos atletas, Alex Sierpes (5.20.84) e Carmen Martínez (5.23.22) nos 1000 m. marcha banxamín e de Xela Martínez (10.53.4) nos 2000 m. marcha pista

Récords Galegos

Compartir: