As carreiras galegas entre as millores de España

Como todos os anos por estas datas, e unha vez que remata a tempada, toca facer balance de todos e cada un dos aspectos que marcan directa ou indirectamente as distintas actividades atléticas desenvoltas no pasada campaña. Nesta ocasion é o turno dos circuitos pedestres que en base a criterios tales como a capacidade organizativa, o número de atletas participantes, o nivel deportivo da compitición, e o nivel dos atletas, veñen de clasificarse nun ranking recentemente elaborado.

Nesta lista figuran en boas posicións os circuitos galegos máis salientables entre os que cabe citar a XXX Milla Urbana do Barco de Valdeorras que na lista de circuitos de milla acada a novena posición. Destacadas son tamén as probas dos circuitos de 10 k. nas que están a X Coruña-10 e a XXXVI Carreira Pedestre Popular de Negreira nos postos sétimo e décimo sexto respectivamente.

Por último, os outros dous circuitos que figuran na lista publicada son a VII Media Marathon A Coruña-21 e a V Marathon Coruña-42, acupando os postos oitavo e décimo nas seus respectivas distancias.

Millores carreiras de España

Compartir: