Sole Castro bronce no Campionato do Mundo de Veteranos na proba de Media Marathon

A atleta do Comesaña Sporting Clube, Soledad Castro Soliño, ven de engadir un novo metal internacional ó seu extenso palmarés atlético.

Nesta ocasión sería no Campionato do Mundo de Atletismo de veteranos que se estivo a desenvolver na localidade australiana de Perth, onde na proba de media marathón acadaría a medalla de bronce logo de invertir un rexistro de 1.28.28, nunha proba gañada pola nova celandesa Sally Gibss con 1.22.02

Con este metal, que se suma entre outros, ó seu título de Campiona do Mundo de Montaña (W50) acadado o pasado 27 de Agosto en Italia, a discípula de Oliva Román pon punto e peche a unha tempada plagada de éxitos.

Noutro orden de cousas, salientable tamén as actuacións dos galegos Bernardo García de Paz e José Antonio Saavedra quenes no dia de hoxe e na proba de marathon, acadarían os postos 14º con 3.26.25 e 16º con 3.39.03 respectivamente na categoría M-50

Resultados media marathon

Actuación galega nos campionatos

Actuacion española nos campionatos

Compartir: